Ata o luns!!!
Ola
nenas e nenos
Como xa
sabedes, os vindeiros días non serán lectivos, así que seguiremos coa
formación non presencial o luns día 23 de marzo.
Nestes
días hai varias datas destacadas:
Xoves 19 de marzo: Festivo, San
Xosé. Día do Pai. PARABÉNS!
Venres 20 de marzo: Festivo de
Centro. Tamén comeza a PRIMAVERA!
Sábado 21 de marzo: Día Mundial
da Poesía.
Domingo 22 de marzo: Día Mundial
da Auga.
En
relación con algunhas destas datas propoñeranse actividades o vindeiro luns.
Se
mentres queres seguir facendo algunha actividade do colexio, podes revisar os
anteriores posts, ou tomar como referencia a Proposta xeral de actividades (o primeiro post).
Aproveito
para recordarche que nós propoñemos actividades e recursos, porque seguimos
traballando na túa formación, pero non é necesario que as fagas todas nin que
fagas todas o día que as propoñemos. Escolle coa axuda da túa familia na medida
das posibilidades! E se hai algunha dúbida atenderémola a través do correo
electrónico do colexio.
E para pasar estes días podemos tamén estirar e relaxarnos un pouco con algo de Ioga.
A ver se podes facer o mesmo que estos animais, ánimo!
